No Deixe falar desta semana adentrámonos novamente no universo rapeiro. Un universo en que destacan os Rebeliom do Inframundo, banda que acaba de celebrar o seu décimo quinto aniversario.
En 2005 eran tres integrantes que se reunían en Ponte Areas. Máis tarde gravaron en Vigo (primeiro unha maqueta e depois un disco), alcanzaron moito éxito e foron indo a máis. Moi ao estilo Grandes Vozes.
Así, desta maneira, celebramos as 250 semanas en antena. Agora en oito países de tres continentes.