Superadas as etapas duras do confinamento, o ambiente da música galega é de novo dun auténtico fervedoiro. Hai concertos en bares e tabernas e en auditorios e casas da cultura.
Para celebrar este rexurdimento, puxémonos en conversa con Gonzalo, o vocalista dos Broa, que retoman os directos (mentres preparan novos traballos).
A través da conversa, coñecemos mellor a banda que obtivera en 2019 o premio Martin Codax na modalidade de Metal.