Desde a comarca da BARBANZA chegou a banda convidada nesta semana: os BAR BAN SÓNICOS.
A ritmo de PUNK ROCK coñecemos os seus tres pés (Manel, Amroth e Abel Cores), viaxamos con eles a SEIXAS (município de Caminha e distrito de Viana do Castelo) e retornamos ao Caramiñal para falarmos do QUIMICAMENTE… IMPURO e dos concertos de lanzamento en Pontevedra, Sarria, Compostela, O Carballiño e Vigo.
O Centro Social A Trastenda tamén tivo o seu espazo nesta conversa… porque a dos Bar Ban Sónicos é música de intervención social.