ESPABILA, Ga(l)lego! Novo traballo discográfico de Terbutalina


Antes da entrevista, xa sabíamos que a Terbutalina é un broncodilatador que se utiliza para os ataques de asma bronquial. Con todo, tíñamos dúbidas moi importantes como, por exemplo, en materia de propiedades terapéuticas e e no sistema de administración. Para informarnos a fondo, puxémonos en contacto con Migue Terbutalino, especialista en “respiración asistida”.
Ao longo da conversa totalmente descontraída, falamos tamén dunha “superbanda da ría de Muros”. Comezamos polo gastropunk das “bandas que están comezando, que teñen problemas para conseguir onde tocar e que o teñen que facer por moi pouco diñeiro (e sempre da caixa B)” e a seguir fixemos un repaso por unha discografía de oito traballos en nove anos. “Antes interesábanos contar as nosas paranoias á xente. Coa incorporación de Diego, xa fomos máis coidadosos coa estética”, é o que nos di Migue antes de se centrar en Espabila Gallego, no momento en que o novo traballo estaba aínda no forno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*