PAULO VILAR (de Impulsos Criminais): “Estamos comprometidos con todo o que ten a ver coa sociedade galega, coa memoria histórica e coa reivindicación dos valores da clase traballadora”

Paulo Vilar, integrante dos Impulsos Criminais

Impulsos Criminais é unha banda galega de punk-rock. Son os seus integrantes o baterista Sarilhe, de Navia de Suarna; o baixista Finchos, santiagués; Antom, o guitarrista, de Negueira de Muñiz; Carlos, tamén guitarrista, de Ferrol; e Paulo, a voz, do Hío. “Somos unha banda que abranxe grande parte do territorio galego. Nacemos en Compostela porque coincidimos estudando na USC e coñecémonos no Bar Tolo, punto de encontro dos mozos e mozas que gostábamos do Punk-Rock galego”, en palabras de Paulo Vilar, que se considera un herdeiro do movimento punk do Morrazo dos anos 80 (“a época da reconversión; d’Os Raiados, a primeira banda de rock-punk en galego; de Kaos e Soak; e da sala Desconcierto, que tivo grande influencia para que fosen aparecendo novas bandas”).
Nesta entrevista evocamos as influencias musicais de todos os integrantes da banda (Ramones, Social Distorsión, Skandinavia, MCD…), mais tamén do seu gosto pola poesía. “Non se pode separar entre música e poesia”, di Paulo Vilar, recordando as palabras de Luísa Villalta, a quen teñen como referencia, xunto con Lois Pereiro e Bernardino Graña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*