Emilio Rúa (Vendas da Barreira – Ourense, 1976) vive a música desde a infancia e con ela leva unha grande parte da vida superando fronteiras. A súa Barreira orixinal deriva de “barro”, a materia prima para facer artesanato, e non de “muro de muro ou baliza de separación”.
Fiel aos seus principios identitarios, o artista preparou un novo disco, ‘Duetos’, gravado coa colaboración de dezaseis grandes estrelas da música internacional, como Luis Pastor, Pablo Milanés, Víctor Manuel ou Rosa Cedrón. A presentación do traballo realizouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura con extraordinario éxito de público e de crítica.
Unha semana despois, Emilio Rúa falou con Edilson Sanches Tavares no Grandes Vozes. Este é o resultado da conversa: