PROGRAMA CENTENARIO

A música de Sabela Ramil centrou a atención do programa máis internacional da música galega

Sabela Ramil, a representante galega na Academia da Operación Triunfo (O.T.)                                                                                                       FOTO: do Facebook da artista

 

PONTE INTERNACIONAL 

Edilson Sanches Tavares, da Ribeira da Barca (en Cabo Verde), conduce o programa e fai as preguntas e Mari Carmen Rivera, galega de Bravos afincada nas Pontes, responde con paixón falando sobre a súa filla Sabela Ramil:

“Comezou na Escola de Gaitas das Pontes. Ai estivou dous anos de frauta e despois pasou ao Conservatorio das Pontes, ao Xoán Viaño de Ferrol e de alí para a Coruña.

Con 16 anos recén cumpridos foi facer unha proba co grupo Muxarega e comezou “a saco”… Que nos pareceu? Moi ben; nós sempre alentamos todo o que tivese relación coa música.

Agora está no Dúo Bahut. Ela e Mateo conxeniaron moi ben. Unha complicidade musical impresionante. Ela púxose a compoñer e está preparando temas para un disco.

O disco está parado porque estaban coa produción e a novidade de Operación Triunfo provocou que o tivesen que adiar. É un disco moi de escoitar, moi de sentimento”.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*