Ep. 272: ALBERTO BUSTO – ARRHYTHMIA [Grandes Vozes]

Non teñen problemas de corazón. Podemos estar tranquilos. Os problemas co ritmo musical tíñanos en 2006 cando eran estudantes no Instituto lugués da Piringalla. Polo que se ve, corrixíronos rapidamente: os éxitos non tardaron en chegarlles.
En 2011 a banda tivo unha metamorfose e nestes once anos mantívose con estabilidade.
Con Alberto Busto -que fixo de portavoz da banda- falamos do Clavicémbalo, das gravacións no Caramiñal e no estudio Abrigueiro, en Friol, do premio galego da música Martin Codax (2018) e da actualidade máis inmediata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*