Chámanse Mister Kamandula. Son de Cerceda, a capital do rock galego. Din que fan música “por veces cocida a lume lento e outras veces cru e sangrante”. Tamén din que -ao estilo do Fausto alemán- “vendéronlle a alma ao demo e que agora están dispostos a recuperala”.
Alberto Dubra deunos unha explicación do nome da banda e presentounos os integrantes. Falounos especialmente de Luís do Muíño e fíxonos partícipes de como o proxecto comezou como brincando e acabou por coallar.
Alén de sabermos o que entenden por “venderlle a alma ao demo” tamén acabamos por coñecer un adianto do que será o segundo disco.