CORO ENCAIXE

O Deixe Falar do Grandes Vozes chega ás 230 semanas en antena e celébrao cunha nova conversa. Nesta nosa viaxe polos cinco continentes, na semana pasada estábamos no Vale do Paraíba, no Estado do Rio de Janeiro, para conhecermos o Milton e os Lagartos, e agora retornamos á terra galega para dedicar este espazo a unha formación de música coral: o Coro Encaixe.

Manuel Abraldes (director) e Sergio Piñeiro (voz) fixéronnos de portavoces do Coro Encaixe, agrupación musical presentada moi acertadamente como “entidade musical diferente, novidosa e divertida”.

Nesta conversa falamos de como é posíbel reunir 18 grandes voces profesionais e, o máis importanto, como se consegue mantelas en estabilidade. Obviamente, tamén coñecemos o repertorio galego, lusófono e doutras latitudes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*