Neste Deixe Falar retornamos á Terra de Trasancos, con capitalidade na cidade de Ferrol. Por xenerosidade coa audiencia, nomeadamente no momento en que chega o período estival, neste episodio teremos dúas entrevistas polo mesmo prezo da unidade.
En primeiro lugar falaremos cun artista que xa soou varias veces no Grandes Vozes. El é Roger de Flor -non o cabaleiro templario do século XIII; o trovador galego do século XXI-. Grazas á súa axuda, teremos o privilexio de conseguir falar tamén con Rogelio Arias, un cidadán da localidade de Fene, que dábamos por desaparecido.
Escoiten… e entenderán todiño!