IRIA ESTÉVEZ – CLAVE DE FADO

O Deixe Falar desta semana está feito en Clave de fado. A protagonista da conversa é a artista galega Iria Estévez. Con ela coñecemos a escola viguesa de formación artística (a ETRAD e a ESAD, da Universidade de Vigo) e recordamos proxectos musicais como Clave de Fado e ARIFI. Durante a conversa tamén tivemos tempo para evocar o proceso de gravación de Xanelas -o primeiro disco, gravado “por aclamación popular”- e para falarmos da contribución de Pepe e Gonzalo Piña e de Paco Dicenta e Isaac Garabatos á traxectoria musical da entrevistada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*