“Quero Cantar” é o certame de música infantil e xuvenil organizado pola Deputación da Coruña.
Até as 14 horas do próximo día 15 de marzo está aberto o prazo para participar en dúas categorías: a categoría A, para crianzas de menos de 12 anos; e a categoria B para adolescentes, de 13 a 16 anos.
Os premios son ben atractivos: a participación nun programa formativo con moita prática, porque contempla a entrada aos estudios profisionais para facer a gravación de dous videoclipes. Para alén diso, aínda 6.000 euros a repartir.
De todo isto falamos con Noelia Perpetuo, unha das gañadoras da edición de 2021.