LAURA LAMONTAGNE e PICO AMPERIO

Hai cen anos apareceu o neotrobadorismo literario. Isto é: a escrita no século XX (por Joám Vicente Biqueira ou Álvaro Cunqueiro) ao estilo do século XIII (por Mendinho ou Martín Codax). Ese neotrobadorismo que xa estaba na música a través de diversas voces clásicas, como por exemplo Amancio Prada ou Uxía Senlle, modernízase nos nosos días a través da fusión. Xusto antes da sintonía do Deixe Falar, ouvíamos un exemplo: a canción das Avelaneiras Floridas. Unha auténtica delicia que nos brindan Laura Lamontagne e Pico Amperio.
De todo isto e aínda de moito máis, falamos no momento da conversa deste programa nº 245.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*