XOÁN QUINTÁNS – REVENIDAS

O famoso festival Revenidas está xa á porta. Entre os dias  9 e 12 de setembro vai pasar por Vila-Xoán -na Arousa- o mellor da nosa música: das Tanxugueiras a Boyanka kostova. De Verto a Guadi. Da Banda da Loba a Mounqup. Ou de Laura Lamontagne a Xavier Díaz e as Adufeiras.

Con esta grande cita no horizonte inmediato, o Grandes Vozes quixo animar o ambiente con este programa especial. En pouco máis de dez minutos de conversa, Xoán Quintáns deunos a coñecer a variadísima oferta do programa deste 2021 e fíxonos tamén un breve percorrido pola traxectoria dos 18 anos que agora alcanza o Revenidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*