Marta Sánchez (de Cuarta Xusta): “Querémonos libres”

QUERÉMONOS LIBRES

Xa estamos aquí

e temos moito que dicir.

Somos herdeiras das cadeas,

non vos vou mentir.

Fomos condenadas

por esta sociedade medieval,

agochando as nosas vidas

do sistema patriarcal.

Mulleres libres,

ergueitas só para vencer!

Non vos temos medo,

ninguén, ninguén nos vai deter!

Estamos fartas

deste abuso de poder.

Os tempos están cambiando,

queda moito por romper!

Ministerio de igualdade

e dexeneración

elabora as súas leis

sen ningunha compaixón.

Agresividade, violencia

e moita represión.

Unha historia dobregadas…

Non tedes perdón!

Mulleres libres…

Xa estamos aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*