VARALONGA: SEMPRE MAR (Homenaxe a Bernardino Graña)

Varalonga é un grupo musical formado por seis integrantes: tres de Cangas do Morrazo e outros tantos da cidade de Pontevedra. Con este mesmo nome, están nos palcos desde 2015 e neste momento xa contan con dous discos: un dedicado a dous poetas do ámbito local e este segundo en homenaxe ao escritor Bernardino Graña, da Xeración das Festas Minervais e do Colectivo Brais Pinto.
No Deixe Falar desta semana Honorato Parcero fíxonos a presentación do grupo e dos discos.

Contra-capa do Sempre Mar, de Varalonga. A foto está feita sobre a foto dunha pintura mural na cervexaría “O Ghato do mar”, en Cangas. Ao fondo están os versos do poema que leva por tiítulo “O gato da tasca mariñeira”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*