JOEL CAVA – AI SONG CONTEST

A Eurovisión da Intelixencia Artificial (AI SONG CONTEST) celebrarase no mes de novembro de 2023 na Coruña. Así foi anunciado esta mesma semana, nunha presentación pública en que participaron Joel Cava e Rebecca Leger.
Tras desenvolver as súas primeiras edicións nos Países Baixos e Bélxica, a organización do festival decidiu que a presente edición se celebre na Galiza. Neste Deixe Falar coñecemos os pormenores.
O entrevistado é Joel Cava, produtor executivo do AI Song Contest 2023, responsábel da delegación galega no festival e coordinador do equipo PAMP.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*