XOÁN GOÍA

Neste programa falamos de Fene -na entrada da ría de Ferrol- e das alturas de Xermade, unha das portas da Terra Chá. O protagonista da nosa conversa chámase Xoán Goía e fai de ponte entre estas dúas terras. A súa materia prima: a música.
Esta é unha oportunidade para coñecer Goía, Férvedes e outros diversos lugares da Serra da Carba. Tamén para coñecer o primeiro traballo indivual do compositor e intérprete que debuta no panorama discográfico galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*