Con Bob Marley como principal referente, Dandy Fever é o nome dunha banda de ska e reggae formada por integrantes da Coruña e arredores. Amantes da música xamaicana, dotáronse dun nome con historia peculiar. Dandy fever é a febre do dengue, a enfermidade tropical provocada pola picadura dos mosquitos.
O Grandes Vozes conversou con Charly, o guitarrista. Neste programa está o resultado da conversa que mantivo con Marco Pereira.