O noso equipo

 

 Marco Pereira Oliveira Marco Pereira Oliveira (Xove, 1993) combina a amplicación de estudos de Administración e Finanzas coa dedicación á radiofonía. Desde que realizase en 2012 un primeiro programa escolar, baixo a orientación da profesora María José Pardiñas, pasou a colaborar primeiro con Radio Valadouro e despois con Radio Burela, da man de Pepe Peinó e Matías Nicieza.
 Rute Marlene Ruth Marlene Fidalgo Varela  (Picos – São Salvador do Mundo, Cabo Verde, 1998) vive en Burela desde o ano 2017. Realiza os estudos de Técnico Superior en Atividades Físicas e Sociodeportivas (TAFAD) no IES Monte Castelo e combínaos con actividades de voluntariado e servizo á comunidade. Colabora coo programa en tarefas de produción e locución desde outubro de 2019.
  Silvera Vicente de Oliveira (Ribeira da Barca -Illa de Santiago-, Cabo Verde, 1998) vive en Burela desde o ano 2006. Estudante de bacharelato no Instituto Perdouro, combina a formación académica o exercicio do voluntariado. Desde setembro de 2016 colabora con Marco Pereira en tarefas de produción e locución.
 Edilson Sanches Tavares Edilson Sanches Tavares (Ribeira da Barca -Illa de Santiago-, Cabo Verde, 1999) vive en Burela desde 2014. Actualmente compatibiliza os seus estudos de Ensino Secundario no IES Monte Castelo con actividades de voluntariado e servizo á comunidade. Colabora co programa en tarefas de produción e locución desde xaneiro de 2017.
 Matías Nicieza Matías Nicieza García (Burela, 1978) é director e actor cinematográfico. Baixo a súa dirección realizáronse: a curtametraxe de ficción 33 (2008), a longametraxe documetal Modelo Burela (2009) e os vídeos didácticos A Viaxe de Hércules (2011) e Polos camiños de Leiras (2014). Como actor, ten participado en Mercado medieval de Alfoz: Entorno e lenda (2014), Bispo Fadrique de Guzmán, 33 (2008) e Maldito bastardo! (2008). Tras unha etapa inicial en Radio Valadouro, pasou a Radio Burela, onde realiza tarefas de redacción, de locución e de técnico de son.
 Sara Gil Cordido Sara Gil Cordido (Burela, 1996) estuda xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realiza voluntariado cultural en distintas actividades da cidade. Dentro do equipo de Grandes Voces do Noso Mundo encárgase de actualizar o blogue.
 Cristina Ramudo Couto Cristina Ramudo Couto (Foz, 1978) é mestra de Pedagoxía Terapéutica e traballa coa Deficiencia Visual dende o ano 2006. Participou como relatora nos cursos sobre “O coidado do alumnado con necesidades derivadas da deficiencias sensoriais “ (2008 e 2009), impartidos pola EGAP (Escola Galega de Administración Pública). Foi tamén relatora no “Iº Encontro de atención á diversidade desde os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico” (2013), organizado polo CFR de Lugo. Actualmente é integrante do equipo de Proxecto Neo en calidade de técnico en Braille, facilitándolle a Marco Pereira os guións neste alfabeto, imprescindible para levar a cabo a súa tarefa radiofónica.
 Lucía Rivas Lucía Rivas (Burela, 1986) ten as súas orixes familiares en Gondrás (en Cervo) e Moucide (no Valadouro). Con formación académica no Colexio Virxe do Carme e nos Institutos Perdouro e Monte Castelo, comezou a facer fotografía por vocación. Posteriormente, asistiu a obradoiros teórico-prácticos e tamén aprendeu de xeito autodidacta, estimulada por premios e mencións conseguidos en diversos concursos así como pola reprodución das súas fotografías a través da Televisión de Galicia. Ademais da fotografía de eventos -un enorme servizo á comunidade-, Lucía Rivas ten un extenso arquivo de imaxes dotadas de vida, coa natureza como elemento central.
En calidade de Fotógrafa Oficial do Proxecto Neo, programa irmán do Grandes Voces emitido todos os mércores en Radio Burela, recibiu o premio “O Galego na Onda” en 2015.
 Elena Morales García Elena Morales García (Madrid, 1983), combina o seu traballo como ilustradora co estudo de linguas. Nos últimos anos encóntrase inmersa no portugués, colaborando con este proxecto na redacción da súa versión neste idioma.
 Leticia Rodríguez Cores Leticia Rodríguez Cores (A Illa de Arousa, 1991), soñadora por nacemento e realista por profesión, trata de conquistar o seu propio lugar no fascinante e vertixinoso mundo da comunicación. Consciente da importancia que teñen os idiomas no mundo de hoxe, comezou a estudar inglés e portugués na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Actualmente, colabora no blog como tradutora de textos ao portugués, actividade que lle permite mesturar dúas das súas grandes paixóns: a comunicación e a lingua portuguesa.
 Gabriel André Gabriel André (Seixas – Terra Chá, 1987) é licenciado en Filoloxía Galega e Portuguesa polas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Despois de pasar durante a súa etapa como estudante por cidades como Barcelona, Perpiñán ou São Paulo, actualmente mora no Porto. Tradutor de profesión desde 2012, descubriu posteriormente a súa vocación para a docencia, razón que o levou a coñecer o IES Perdouro durante o seu período de prácticas. Colabora co Grandes Voces na administración deste sitio web e das redes sociais asociadas a el.
 Elena Valle García (Xaneiro-Xuño 2016)

Elena Valle García (Burela, 1998) combina a formación académica e musical coa creación literaria e a comunicación radiofónica.
En poesía, foi premiada no VIIIº Certame Mulleres do Noso Tempo de Cee (2015). Na modalidade de narrativa conseguiu premio no Certame Literario Trapero Pardo (2015), convocado polo Concello de Lugo.
En calidade de integrante do equipo de Proxecto Neo, a emisión radiofónica de referencia do Modelo Burela, resultou gañadora do Certame O Galego na Onda (2014), convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Radio Galega.

Mónica Palacios Ferreira (Xaneiro-Xuño 2016)

Mónica Palacios Ferreira (Burela, 1998) combinou os estudos académicos coa dedicación á comunicación. Entrou na radiodifusión a través do programa Proxecto Neo, de promoción da interculturalidade, emitido semanalmente en Radio Burela.
Dentro do equipo de realización do programa dedicado ás Grandes Voces do Noso Mundo -no que colaborou con Marco Pereira, Elena Valle e Matías Nicieza-, responsabilízouse da área da comunicación escrita.