P65 – Probamos «petiscos» do último das VooDoo

VooDoo

Imaxe: Facebook das artistas.

 

No Grandes Voces gostamos de permanecer informados sobre o que están a facer as amigas do programa e esta última edición non foi unha excepción. Belém Tajes e Maritxinha tiveron a amabilidade de atender a nosa chamada para nos falar do seu último disco, Eu son VooDoo Vol. II.

Como elas mesmas definen esta nova entrega da súa música, trátase dun petisco disco de catro cancións feito de maneira totalmente artesanal no noso país. As VooDoo fixeron 200 copias pintadas, recortadas e rematadas a man, polo que cada un dos discos é unha edición única e totalmente diferente.

O público que se achegue o día 10 de febreiro até a Fábrica de Oleiros terá a oportunidade de asistir á presentación deste Eu son VooDoo Vol. II nun concerto que conta coa colaboración de Narci Rodríguez, quen xa participou na creación deste traballo. Con todo, se non puideren escoitalas este día, as VooDoo estarán tamén no Paralaia de Ortigueira, no día 17. Non temos desculpa para non ir!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*