As Moreninhas acaban de estrear e o público non foi indiferente. Esta sexta feira, venres, Pablo Álvarez Ramos dedicoulles un artigo na sección Con Pólvora e Magnolias do diario dixital Crónica 3. Temos a certeza de que as nosas artistas adoraron este recoñecemento e que as vai animar aínda máis a continuar unha carreira musical que, xa no seu inicio, promete moito. Entre tanto, recomendámoslles que lean o texto e non perdan este apelo á paz e á fraternidade que ten as Moreninhas como protagonistas.
Ligazón: http://www.cronica3.com/2018/01/con-polvora-e-magnolias-as-moreninhas/