[P61] Lula’s, da Cachupa Psicadélica

Música para facer fotosíntese

A banda da Cachupa Psicadélica está liderada por Lula’s na guitarra e na voz, Bilan no baixo e Jorge Machado na percusión. Lula’s e Bilan son orixinarios da illa de São Vicente (Cabo Verde) e Jorge Machado procede de Portugal.
 
A expresión “música para fazer fotossíntese” resume o espírito desta agrupación, cuxo estilo o noso convidado define como “música das entranhas do meu Cabo Verde nação cultural”. Como o propio Lula’s afirma, hai moito máis que unha nación ou que un territorio; trátase dunha lingua e de toda unha identidade.
 
Despois de dous álbums –”Augas Mornas” e “O último caboverdiano triste”–, a Cachupa Psicadélica está a se consolidar como unha das bandas imprescindíbeis do espazo lusófono. Cunha xira que percorrerá os países de fala galega, agora só queda abrir os brazos para que veñan á Galiza.

 

Vídeo: Cachupa Psicadélica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*