[P58] Samuel Solleiro

«Os Ataque Escampe tentamos que cada disco teña un aire diferente»

Ataque Escampe

Ataque Escampe sacou este febreiro un novo disco: Primeiros Bicos. Dende o noso programa quixemos falar con Samuel Solleiro desta década que levan sobre os escenarios. Un premio de canción de autor foi o que os levou a este camiño profesional e dende esa, as súas notas non deixaron de chegarnos.
 
“Roi Vidal, Miguel Mosqueira, Álex Charlón (que xa non se atopa no grupo), Álvaro Trillo, Lois Carlín e o noso convidado son os nomes que forman ou formaron parte desta banda que se foi modelando, non só en canto a persoas, senón en canto a instrumentos e mesmo ás súas cancións.
 
Parolamos con el sobre Discos da máquina (un interesante proxecto para a edición de cd), o Café UF (que foi o lugar que os viu gañar ese premio co que comezaron), a Regueifa Plataforma (un netlabel galego) e mesmo dos Resentidos (ese grupo que tanto lles gusta).

 

Foto e vídeo: Ataque Escampe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*