A Rumboia. Así se chama a asociación xuvenil das terras de Abadín, porta de comunicación entre A Mariña e a Terra Chá.
Constituída en 2021, A Rumboia organiza diferentes actividades repartidas por todo o ano. Dúas delas son de carácter musical: unha Foliada e o Festival Rumboia Viva.
A través da voz do presidente da entidade, coñecemos quen foron os fundadores, cando e onde iniciaron a actividade e cal foi a motivación que os levou a fundar a asociación.