SÉCHU SENDE: REGUEIFA TOUR

Había unha vez un docente soñador que estreou paternidade e deixou en segundo plano a guitarra eléctrica para modular a voz de maneira que agradase os ouvidos da súa crianza. Pouco tempo tardou en comezar a improvisar as letras das súas cancións, seguindo o modelo de Pinto de Herbón e Manu Chao.
O docente soñador tivo sorte, porque uns anos máis tarde a crianza comezou tamén a improvisar… até que chegou unha auténtica Maré, e a improvisación foi maior aínda.
Provista de tres pés, a improvisación chamada Regueifa fixo primeiro a liña Vila de Cruces – Baio e despois viaxou por toda a xeografía galega e estivo en Euskádi, en Cataluña e en Portugal e mesmo chegou ao Kurdistán e ao arquipélago da Madeira.
Agora o “Povo improvisador” xa dispón dun libro-guía, do que tamén falamos nesta conversa do Deixe Falar.
E, obviamente, non esquecemos o Regueifa Tour.

Música de Alonso Caxade con Letra de Séchu Sende

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*