OS CARECOS EN PURA FESTA

O verbo do título do disco está en segunda persoa: “Es pura festa”. E é verdade, a audiencia máis fiel ao grupo é pura festa. Os custos da edición, por contribución popular, xa se reuniron nunha semana.
Éxito?
Non, exitazo. Do grupo e de todas as persoas que rodean o grupo. Éxito da cultura en xeral e moi particularmente da cultura da comarca do cabo Ortegal.
Na verdade, a banda de pandeireteiros e o conxunto da comunidade careca SON PURA FESTA. En conxunto.
E isto é só unha mudanza de etapa. O mellor está por vir.

Se queres saber máis sobre o disco, clica aquí. Podes facer seguimento do grupo a través das súas redes sociais.


Samuel explícao moi moi ben.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*