ULEX: Lonxe de ti

Novamente visitamos o Centro Social Xebra, en Burela. Foi nos momentos previos a unha noite de concerto. Nesta ocasión a banda convidada é Ulex.
Con Martinho, Mónica, Tomás e Xián falamos do nome artístico, do estilo musical e do pasado, presente e futuro do grupo. Durante a conversa puidemos constatar que o “Lonxe de ti” é só o título dunha das músicas e do disco. Realmente, están tan próximos que superan calquera barreira que puidese existir entre o palco e a pista de baile.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*