“AY, GAYEGO”

Despois de escoitarmos o seu último éxito, Fran Lestón -de Lisdexia- atendeu a nosa chamada e presentounos a banda. Primeiro falamos da brincadeira que deu lugar ao nome, despois evocamos o ambiente do instituto en que deron os primeiros pasos en 2016 e do certame musical que gañaron e que lles deu a proxección necesaria para abrir moitas portas e chegar ao éxito que agora teñen.

Así se presentaban en 2016:

“Somos un grupo de Muros chamado LISDEXIA, formado por un baixista chamado Jose Ángel Lestón París de 16 anos; polo baterista Xakin Martínez Maceiras, de 17 anos; dous guitarristas: Francisco Lestón Fernández e Javier Fernández Lariño, de 18 anos cada un; e o cantante, Francisco Trillo Lago, de 16 anos.

Somos un grupo que comezou a tocar en setembro do ano 2015, xa tivemos algun concerto que outro e contamos cun repertorio de 8 cancións propias”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*