A PALABRA PERFECTA DE ANXO XESTEIRA

Anxo Xesteira é músico e técnico de son. Nacido en Cambados, comezou a tocar música tradicional galega desde a infancia. Con só 6 anos, recibía leccións sistemáticas de piano por parte de Pitusa Losada, a súa avoa paterna.
Á ídade de 8 anos entrou no Conservatorio Elemental de Cambados para aprender a tocar o acordeón e acabou por completar o grao elemental nos dous instrumentos. Con estes coñecementos, entrou na Banda de música Municipal de Ribadumia e na Banda de Música de Castrelo; e, xunto cun irmán, funda o cuarteto de gaitas Os Xeitosiños.
Con 13 anos ingresou no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga en Pontevedra para continuar coa especialidade de acordeón e comezar coa de percusión. Máis tarde, participa na fundación do trio Os Xesteira e toca coa Banda Municipal de Santiago de Compostela e con Kepa Jiuikera, entre outros. Con toda esa experiencia, entra en Treixadura e compaxina as actuacións co traballo de técnico de son en concertos e en gravacións de estudio.

Tras realizar estudos no Ciclo de Son para audiovisuais e espectáculos en Vigo, traballa con produtoras audiovisuais. Entre elas: Volvemos a primera producciones; Emitimos en directo; CA Films e Ezaro Films.
Desde 2020, xa como técnico de gravación profesional, en discos de Acordeireta e de Ana Corzo, con quen colabora tamén en tafefas de produción, arranxos e instrumentista nos directos.
Actualmente é integrante do Orfeón Treixadura, Os Xesteira (acorde6n e piano), Son de Seu (contrabaixo) e Ana Corzo (acorde6n, piano, percusi6n e guitarra).

A palabra perfecta é o seu primeiro disco individual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*