O Deixe Falar viaxa máis unha vez ao Condado da Galiza meridional, con capital en Ponteareas. Desta vez o protagonismo é para unha nova banda, que entra con forza na música galega. Son os Keixa (con K). Primeiro apresentaron un traballo, CINZAS, e agora é o momento da BESTA.
Un dos seus integrantes, Arón Ferreiro, falounos das orixes da banda e dos seus traballos musicais e audiovisuais.