Formada por músicos xa rodados e maiormente influenciados polo grunge e o rock dos 90 -a música da súa infancia-, Exeria nace pouco despois da pandemia que obrigou a deter calquera iniciativa musical.
As raíces son importantes para calquera proxecto. Neste sentido, a sensación de pertenza a un lugar e a un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o cauce polo que discorre o seu discurso estilístico.
Proximamente, Exeria estará ao vivo en Canido (22 de abril), Pontecaldelas (14 de maio) e na Illa de Arousa (1 de xullo).