Este Deixe Falar singular foi gravado no palco dunha desas salas que ofrecen músicas ao vivo. É a Sacabeira, na Mariña do Cantábrico, á beira do río Xunco -na localidade de Sargadelos- e só uns minutos de Viveiro, de Burela ou de San Cibrao.
Un deses lugares emblemáticos da música ao vivo, como a Arca da Noe en Vilar de Santos; o Gatos en Melide ou o Buril en Sarria.
Aínda que en 2022 organizou 26 concertos, a Sacabeira é moito máis que unha sala. É un lugar de tertulia e unha sala de exposicións. E dispón dunha cociña onde se prepara a lume lento un caldiño galego para acompañar unha cervexa orixinal.