Catuxa Salom é outra cantora do diálogo entre culturas, que leva no seu sangue. Nacida en Vila-García, a súa familia procede da Arxentina, histórico punto de encontro de migracións procedentes de todo o planeta. O “Salom” non é decorativo; é un auténtico sinal de identidade.
Nós localizámola na Ponte Nova e falamos con ela uns días antes de que entregue ao público un novo traballo discográfico.
Catuxa Salom: muller de poucas palabras, mais todas encaixadiñas… para conseguir un discurso vitalista, auténtica vitamina para manternos en pé.