A conversa con Tino López estivo protexida por Man de Santo e o resultado foi dos mellores. O segredo? Que ambas as partes tivemos fe nas nosas respectivas responsabilidades.
Comezamos pola explicación do nome da banda e continuamos coas procedencias de cada unha das persoas implicadas na formación musical.
Despois falamos do estilo xamaicano adaptado á nosa realidade e da acollida nos concertos.
Obviamente, non puidemos deixar de lado o paso da Man de Santo pola festa das festas: o San Froilán.