Mileth fai música de fusión entre o black metal e o folk. En 2012 publicaron a maqueta titulada Cancioneiro da Enxebre Escuridade e en 2014 o sinxelo …e na Novena Onda caeron os Deuses, coa colaboración do gaiteiro Xurxo Fernández e da banda romanesa Negură Bunget. Outros dous anos máis tarde, en 2016, apareceu Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos, un EP coas catro cancións.
O seu primeiro disco de longa duración, titulado Catro pregarias no albor da Lúa Morta (2019), saíu en dúas edicións: unha distribuída polo selo discográfico ruso SoundAge e unha edición especial coa discográfica Darkwoods, incluíndo esta última un documental en dvd sobre o grupo.
O videoclip do tema “De bruma e salitre”, dirixido por Xaime Miranda, gañou o premio ao mellor videoclip no Festival Primavera do Cine de Vigo.