Aproximar os clásicos da lírica galega de todos os tempos á sensibilidade do século XXI: esa é a meta. En palabras do artista, Popsía son “rimas de sempre a ritmos actuais (rock, pop, soul, etc.); poemas convertidos en cancións bailábeis. Unha descarga de mestizaxe que afonda na realidade de que a música non coñece fronteiras, nin temporais nin espaciais”.
Aquí está o cuarto disco dun Fran Amil que xa coñecíamos através dos Papaqueixos, de Ruxe-Ruxe, dos Ultracáns ou dos Tres Trebóns e que agora conversou con nós sobre os seus dous proxectos: POPSÍA e CHUCHES AMIL.