NOEMÍ FIGUEROLA MERA – IRMANDADE GALEGA NA SUÍZA

A Irmandade Galega na Suíza éunha asociación cultural, recreativa e deportiva, con sede social na cidade de Xenebra, está a só un pasiño de cumprir os seus primeiros cincuenta anos de vida.

Na sede social existen os servizos de bar, restaurante, salón de actos e biblioteca. Alí organizan exposicións, tertulias e conferencias e tamén festas tradicionais como o Entroido ou San Xoán. Da música ocúpanse as formacións saídas da propia institución ou bandas e solistas chegadas desde a nosa terra.

Noemí Figuerola Mera, a secretaria, falounos da asociación e do seu programa de actos, entre os que figuran un concerto dos Herdeiros da Crus e dos Monoulious Dop.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*