A celebración do IVº Festival Son Labrego en Vilar de Santos -na Galiza máis próxima a Portugal- é o tema central do Deixe Falar desta semana. Para coñecermos os seus obxectivos e o completo programa recollido no cartaz, conversamos con Sonia Vidal, do Sindicato Labrego Galego, unha das entidades organizadoras.
No Espazo Carabuñas está prevista a celebración de tres palestras -“O verde é sustentábel”; “Obradoiro de autodefensa eólica”; e “A agroindustria contra a vida”- e en diferentes espazos -entre eles o Museo da Limia– programaron até cinco obradoiros e outras actividades específicas para crianzas. Todo complementado con música e almorzo de confraternidade, cociñado e servido pola Arca da Noe.