Antía Muíño, artista galega: unha metade das Terras de Santiago de Compostela e a outra metade da área xeográfica que ten por centro Fisterra ou o Cabo do Mundo. Aínda que sobrarían motivos para conversar con ela -sobre o Dereito, materia en que está licenciada, ou sobre o Musikene -onde alcanzou o título superior de guitarra-, nós quixemos entrevistala por tres razóns moi concretas: porque principiou a súa carreira individual; porque xa está no catálogo de Raso Estudio; e mesmo porque é unha das estrelas participantes no Festival Osa do Mar, a onde chega tras conseguir auténticos sucesos en Muxía, na Carballeira de Baio e no Bonaval de Compostela.