Programa 47: Aida Saco-Beiroa

Aida Saco Beiroa

Fonte: A.S.B.

Marco, Silvera e Edilson, un triángulo perfecto para a entrevista desta semana: unha artista nada no ano 1998 que xa percorreu lugares como Estambul, Bristol, París ou o Sáhara.

Esta compositora e intérprete musical vai presentar o seu novo disco, un traballo que é o resultado de moitos anos de esforzo e que tivo como berce Rianxo, o seu lugar de nacemento. Coas primeiras clases de piano no Liceo Marítimo da vila, colleu a experiencia precisa para saltar ao Centro de Estudos Musicais con catorce anos. Nese mesmo momento decidiu que ía loitar por ter un futuro dedicado ao piano.

É exemplo de traballo e constancia, cambiando incluso de concello cada día para poder compaxinar instituto e conservatorio. Participante en diversas master class de Alexander Gold ou Abe Rábade, ve como privilexio poder acceder a tal formación.
 
Desexando que poidades acudir aos seus concertos, deixámosvos todo o que lles contou aos nosos locutores!
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*