JOSEFA FERNÁNDEZ

Programa 31

“Estou entre un Oliveira e unha Oliveira”, dice Karina ao comezar este trixésimo primeiro programa. Silvera Vicente de Oliveira acompañou desta vez a singladura pola nosa música, aportando máis multiculturalidade, se cabe, ao programa. Isto por que? Porque Silvera naceu na illa de Santiago, en Cabo Verde, aínda que tivemos a sorte de que chegara, xa hai un tempo, a vivir á nosa Burela.
Coa versión de Xoan Eiriz e a canción titulada “Aleluia” recordamos a figura de Leonard Cohen, ao que despedimos neste día… Mais con Josefa Fernández, de Lulavai, volvemos recuperar o sorriso. Con ela achegámonos á viveza de catro mulleres que se xuntaron no ano 2008 para formar un precioso cuarteto de arpas.
Josefa Fernández explicounos o significado do nome do grupo, a súa relación con Sondeseu, como conseguir a súa música, como levan a cabo as composicións, e moito máis, sen esquecer tampouco as referencias ás súas outras compañeiras: Lorena Reinaldo, Paula Oanes e Elena Paz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*