XONIX RECORDS, “factoría” de solistas e bandas emerxentes


Comezamos coa importancia relativa dunha preposición. Matías Nicieza presentou Xonix Records como unha “editora de bandeira” e Lolo Arincón corrixiuno modificando a preposición: “unha editora da Bandeira”, en referencia á localidade da comarca do Deza (entre Santiago de Compostela e Ourense). Ambos tiñan razón, porque este selo discográfico e editora literaria é hoxe unha referencia con prestixio gañado despois de teren feito moitos traballos con excelentes resultados.
Lolo Arincón falounos de gravacións, máis tamén de traballos de pre-produción (arranxos e composición); de produción musical, cinematográfica e de vídeo; da produción de eventos; e mesmo da distribución musical en loxas físicas e dixitais. Obviamente, non esquecemos facerlle cuestións de máxima actualidade e así soubemos que teñen no forno importantes novidades como os primeiros cedés de Cris Cimadevila e dos The Old Galician Coffee Liquor Drinkers ou como os novos de Pauliña e dos D’esmorga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*