SARA MARCHENA, REGUEIFEIRA

Moi boa tarde a toda a xente

ai, Vozes do Nosso Mundo.

Deixádeme, ai, un momento.

Preséntome nun segundo.

Preséntome nun segundo.

Falo desde Compostela.

Entre turistas e tigres,

fala aquí Sara Marchena.

Sara Marchena e Alba María regueifando no Pazo da Cultura en Carballo

Improvisando. Así se presentou Sara Marchena en resposta ao saúdo inicial de Edilson Sanches Tavares. Foi un abrir de xanela para falar de como recibiu a formación teórica e como comezou a regueifar a través dos obradoiros organizados en Vigo polo Instituto de Ensino Secundario San Tomé do Freixeiro.

Despois chegou a explicación etimolóxica da palabra, desde a orixe no árabe aos diferentes significados cos que se coñece na actualidade; unha panorámica da arte da improvisación noutras culturas do mundo; e as características esenciais do repentismo galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*