Quen veñen sendo os Dequenvessendo?

Logótipo da banda Dequenvessendo

Veñen sendo catro homes e unha muller que se dedican á música. Bieito Romero toca a gaita e a frauta traveseira; Pablo Rosales dálle á gaita e tamén ao whistle e á zanfona; Miguel Rosales é o do acordeón diatónico e do teclado; Miguel Ocampo o do bodhran, o tambor e as percusións; Natahel Regueiro o da guitarra acústica e tamén do teclado; e Irene Cerqueiro a voz e tamén intérprete da frauta traveseira. En conxunto integran a banda De-quen-vés-sendo, activa desde 2016.

Bieito Romero cóntanolo como se estivese contando un conto: “nacemos dentro da asociación cultural Triskell. Comezamos sendo como un cuarteto tradicional (gaitas, tamboril e bombo) e despois fomos avanzando até chegar á banda tal como a coñecemos agora”.

Xustamente agora presentan unha maqueta con seis temas para mostrar o traballo en que están inmersos. Catro das cancións son de composición propia e as outras dúas son tradicionais, unha da nosa terra (a Muiñeira da cabra) e outra da Bretaña (un vals).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*