Músicas ao Vivo fixo pública a lista de finalistas da 6ª edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA e nós preparamos un programa especial de divulgación dos proxectos finalistas.
Lembramos que as socias e socios de MÚSICAS AO VIVO, mediante votación en liña, seleccionaron 54 finalistas de entre un total de 442 aspirantes (391 grupos, 11 salas, 25 festivais e 15 espazos de comunicación musical).
Segundo a organización, “un xurado integrado por profesionais da música nos ámbitos da interpretación, a industria, a formación, as salas e a comunicación, decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías” e a resolución darase a coñecer o 8 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra.