A música de Clara Pino, de Setesaias a Nowhere

Clara Pino e Pablo Vidal interpretan ao vivo unha cantiga de amigo

A Ponte Musical das Grandes Vozes participou activamente na xornada do 8 de marzo e fíxoo sen deixar ao lado o seu obxectivo de servir de ponto de encontro das músicas dos países de raíz galega. Para iso, desta vez puxo en destaque as formacións artísticas participantes no certame aRi(t)mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela.

O programa con ausencia reivindicativa da locutora Isaura Varela abriu a lista de músicas coa estrea de “Nana para elas”, unha canción plurilingüe composta e interpretada por Carmen Penim. Inmediatamente despois soaron António Zambujo, Xoán Curiel e a súa Casa do Terror, Baiuca, Os Quatro e Meia, Pauliña, Sérgio Godinho e Son Trío.

VOTA AQUÍ NO aRi(t)mar

A entrevista central -o “Deixe Falar- estivo protagonizado por Clara Pino, que nos falou do que a súa música debe ao maxisterio de Rodrigo Romaní, do seu paso por Covalblú e Setesaias; e do disco que leva por título Nowhere, composto e gravado con Pablo Vidal. Non perdemos a oportunidade de lle preguntar á artista e docente pola súa valoración do presente da música galega e tamén polos seus vínculos co panorama musical dos diferentes países de expresión galego-portuguesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*