A formación musical galega Satxa celebra o décimo aniversario. Primeiro chamáronse “Satxa na leira”, despois pasaron por diferentes etapas e nestes últimos anos abandonaron a leira e pasaron a ser simplesmente “Satxa”. Con Vítor Inferno, un dos seus integrantes, falamos durante uns minutos na entrega 120 do noso programa:
Segundo Vítor Inferno, o estilo de Satxa está agora consolidado no punk-rock, mais tivo o punto de partida nun punk máis relacionado co folk, con moita gaita, acordeón e frauta. Tras eses inicios, pasaron por un momento máis duro e máis técnico para de novo recuperar a fusión co tradicional no último disco.