SESO DURÁN

Programa 34

“Pedagoxía musical”, dixo Silvera, ao comezar o Deixe Falar desta semana no Grandes Voces do Noso Mundo. Xosé Manuel Durán, Seso Durán, foi o protagonista da entrevista realizada por Marco. Mestre de música dende hai 15 anos, chegou á docencia sen saber que pouco despois “namoraría” do trato cos rapaces. Agora desenvolve a súa vida profesional no IES As Barxas de Moaña.
Conversamos con el da convivencia profesor-adolescentes, da súa dedicación á música, da formación académica que tivo, das vantaxes da tecnoloxía, do “aprender facendo”… En definitiva, de vida, música e aprendizaxe.

E para apoiar o seu obxectivo, que “o ambiente da clase e as actividades faciliten a aparición de emocións positivas”, levan adiante o blogue Música en secundaria, unha web perfecta para completar o que aprendemos no Grandes Voces!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*